Nada - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Nada
Termo co que nos referimos á non-existencia de algo. Para Parménides a nada identifícase co" non-ser". Hegel, sen embargo, identifica o ser e a nada, na medida que ambos conceptos contén a mesma indeterminación; a unidade do ser e a nada queda plasmada na concepción da realidade como "devir", como paso dun a outro dos opostos.

A filosofía analítica (Carnap) considera que o termo non remite a ningún contido ontolóxico, e que os metafísicos utilízano erroneamente, coma se fóra realmente o nome de algo, cando só serve para expresar proposicións existenciais negativas.